AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0   (Finalizado plazo de solicitud)

Información

  • TítuloAXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0
  • Fecha27-06-2019
  • CategoríaActivo fixo

Descripción

Beneficiarias
As pequenas e medianas empresas, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.
Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos os interesados deberán, previamente, constituír unha agrupación das previstas, que terá que estar formada, polo menos, por dúas pemes con centro de traballo en Galicia.
Obxecto
As axudas ás pemes van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras
empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.
Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:
a) Proxectos colectivos, nos cales un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas
por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º) Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
2º) Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión
integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.
b) Proxectos individuais nos cales unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de
proxecto:
1º. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou
adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou
provedores.
2º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou
de xestión integral (ERP, CRM e similares), interconexión de elementos físicos e virtuais,
tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.
3º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións