Axudas dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas  (Finalizado plazo de solicitud)

Información

  • Título Axudas dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas
  • Fecha06-05-2019
  • CategoríaCirculante

Descripción

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán as condicións de axudas ás comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A intensidade da subvención consistirá nunha porcentaxe do 80 % do orzamento subvencionable, conformado polos correspondentes servizos técnicos do IGVS, unha vez revisada a solicitude.

Poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios/as dos edificios previstos no ámbito de aplicación, que constitúan a totalidade dun mesmo edificio ou dun conxunto de vivendas unifamiliares e que vaian realizar actuacións de mellora de eficiencia enerxética obxecto da subvención

Considéranse actuacións subvencionables aquelas obras integrais de mellora de eficiencia enerxética que supoñan a redución mínima da demanda enerxética en calefacción do edificio nun 20 % e a subida dunha letra na escala de cualificación enerxética en emisións de CO2, consistentes en melloras do illamento térmico e/ou da carpintaría da envolvente, que poderán ir acompañadas de melloras nas instalacións térmicas, sempre que se axusten á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución. Estas actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención, sempre que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria e non teñan executado máis dun 60 % do custo total das obras.

 

Unha vez finalizadas as obras dentro da anualidade indicada na súa resolución de concesión, a comunidade de propietarios/as beneficiaria poderá solicitar o pagamento da subvención mediante a presentación do modelo de solicitude de pagamento (anexo II), debidamente cuberto e asinado, xunto coa seguinte documentación:

– Certificado de eficiencia enerxética do edificio coas melloras realizadas, debidamente rexistrado.

– Certificado final da dirección de obra, se procede.

– Certificado das instalacións tramitado ante o organismo correspondente, cando proceda.

– Fotografías que mostren as obras executadas.

– Factura/as de todos os gastos subvencionables.

– Licenza e xustificación das taxas e tributos satisfeitos.