Adquisición de bicicletas con pedaleo asistido y selección de entidades colaboradoras que participarán en su getión  

Información

  • TítuloAdquisición de bicicletas con pedaleo asistido y selección de entidades colaboradoras que participarán en su getión
  • Fecha15-07-2022
  • CategoríaCirculante

Descripción

O Plan director de mobilidade alternativa de Galicia (PDMAG), cuxo obxecto fundamental era fomentar o uso dos modos de transporte que favorezana transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores,  inclúen o fomento da mobilidade urbana multimodal sustentable e as medidas de adaptación con efecto de mitigación da contaminación. Esa é a razón para incentir a compra de bicicletas eléctricas.

Esta orde indica o proceso de selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión. As entidades interesadas deberán formalizar o convenio de colaboración entre os establecementos colaboradores e a Dirección Xeral de Mobilidade, no que se regularán as condicións e deberes asumidos por aquelas, cuxo modelo figura no anexo V desta orde. 

Poderán ser entidades colaboradoras todos aqueles establecementos comerciais abertos ao público na Comunidade Autónoma de Galicia que se dediquen de forma total ou parcial á venda de bicicletas con pedaleo asistido e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nunha ou varias das epígrafes seguintes correspondentes ás tarifas do IAE:

– Epígrafe 654.1: comercio polo miúdo de vehículos terrestres.

– Epígrafe 659.6: venda polo miúdo de artigos de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas, calzado e tocado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

– Epígrafe 661.1: comercio en grandes almacéns, que ofrecen unha variedade ampla e, en xeral, profunda, de varias gamas de produtos.

– Epígrafe 661.2: comercio en hipermercados, establecementos que ofrecen principalmente en autoservizo unha ampla variedade de produtos alimenticios e non alimenticios de gran venda.

– Epígrafe 661.3: comercio en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

– Epígrafe 661.9

– Epígrafe 662.1: comercio polo miúdo de toda clase de artigos en economatos e cooperativas de consumo.

– Epígrafe 662.2 

 

Requisitos técnicos e de equipamento das bicicletas novas con pedaleo asistido

1. Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance o 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas).

2. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 wh (vatios/hora).

3. Cadro ríxido (sen dobre suspensión).

4. Luz traseira e dianteira.

5. Gardabarros dianteiro e traseiro completo, ambos de serie.

6. Pata de cabra ou cabalete.

7. Cumprimento de Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC.

 

Bicicletas subvencionables

 

Tipo de Beneficiario/a 

Subvención máxima (€/bicicleta)

 Xeral                    

 Integrante familia numerosa

 Integrante familia numerosa  categoría especial

Bicicleta con pedaleo asistido que cumpra os requisitos técnicos e de equipamento establecidos na táboa superior

 500

 600

 700

 

 

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras finalizará o 31 de agosto de 2022.

A data límite para poder beneficiarse desta axuda é 15 de novembro de 2022 ou ate o esgotamento de fondos.