Incentivos á contratación das persoas desempregadas paradas de longa duración  (Finalizado plazo de solicitud)

Información

  • TítuloIncentivos á contratación das persoas desempregadas paradas de longa duración
  • Fecha22-03-2019
  • CategoríaLaboral

Descripción

Incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración

Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria para o ano 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea.
Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (procedemento TR349R).
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Considérase persoa desempregada de longa duración: aquela que na data da súa contratación por conta allea estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará o 21 de marzo e rematará o 30 de setembro de 2019.
de 2019,