Investigación e innovación  (Finalizado plazo de solicitud)

Información

  • TítuloInvestigación e innovación
  • Fecha12-09-2019
  • CategoríaCirculante

Descripción

Axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea nas súas diferentes liñas:

– Liña 1 (código de procedemento administrativo IN607F): axudas para actividades de preparación de propostas de calidade, tanto de xeito individual como en consorcio, no Programa marco de investigación e innovación. Consideraranse propostas de calidade aquelas que acadaron no proceso de avaliación da convocatoria do Programa marco a que concorreron unha puntuación superior ao 75 % da nota máxima establecida.

– Liña 2.1 (código de procedemento administrativo IN607G): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase I do instrumento peme do Programa marco, sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 13 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.

– Liña 2.2 (código de procedemento administrativo IN607H): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da Fase II do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 12 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.

 

 Réxime de concorrencia non competitiva, só orde de presentación de solicitudes como único criterio de concesión.

Prazo aberto ata o 30 de outubro de 2019 ou ata o esgotamento dos fondos asignados.

 

Extracto da convocatoria