Programa de igualdad laboral  

Información

  • Título Programa de igualdad laboral
  • Fecha10-05-2021
  • CategoríaLaboral

Descripción

 Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021

Códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D.

 

Beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.

No caso da liña I (plans de igualdade) terán que contar como mínimo con 15 persoas traballadoras.

Obxecto: axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipoloxía:

Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade: seiscentos oitenta nove mil cincocentos euros (689.500 €).

Liña II. Conciliación: un millón seiscentos catorce mil euros (1.614.000 €).

  • Subliña 1. Incentivos para o fomento do teletraballo (247.500 €).
  • Subliña 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria (747.500 €).
  • Subliña 3. Investimentos (619.000 €).

Liña III. Certificacións RSE: trescentos nove mil cincocentos euros (309.500 €).

 

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o venres, 11 de xuño