Rede de Comercios e Mercados no Camiño  (Finalizado plazo de solicitud)

Información

  • TítuloRede de Comercios e Mercados no Camiño
  • Fecha08-10-2019
  • CategoríaCirculante

Descripción

Beneficiarias: persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que estean situadas nun concello onde transcorra un dos Camiños de Santiago e cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas: a) Que desenvolvan a súa actividade comercial nalgún concello polo que transcorra algún dos Camiños de Santiago, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE núm. 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable. c) Que estean dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva nalgún concello polo que transcorra algún dos Camiños de Santiago.

3. As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva en concellos situados nalgún dos Camiños de Santiago, de ámbito municipal ou inferior ao municipal.

Obxecto Esta orde ten por obxecto a creación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño e a regulación do procedemento de adhesión a ela. Así mesmo, esta orde aproba as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para fomentar a adhesión á rede e convócaas para o ano 2019.

Terceiro. Bases reguladoras Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe Destínase un total de 150.000.000  

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes 8 de novembro 2019.