Fomento de la prevención en riesgos laborales  

Información

  • TítuloFomento de la prevención en riesgos laborales
  • Fecha15-04-2021
  • CategoríaLaboral

Descripción

Fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021 

Beneficiarias

Na liña 1:

As asociacións sindicais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e as asociacións empresariais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

Na liña 2:

a) As asociacións empresariais galegas sectoriais ou intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

b) As organizacións sindicais con representatividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de carácter sectorial e intersectorial.

c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.

d) Asociacións profesionais de traballadores e traballadoras autónomos/as rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 da concesión de subvencións, pola Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia (procedemento TR852A).

1. Estas axudas distribúense en dúas liñas:

a) Liña 1: formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial. Esta liña ten un orzamento de 800.000 euros.

b) Liña 2: formación e outras actividades de fomento en materia de prevención de riscos laborais de carácter sectorial. Esta liña ten un orzamento de 690.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo remata o 18 de maio 2021.

código de procedemento TR852A

Bases