´

A nosa Asociación xorde como medio de canalización das inquietudes dos empresarios ós diversos organismos públicos e institucionales.

Os obxetivos da nosa entidade son, entre outros, os seguintes:

  • Defensa dos intereses dos empresarios deste parque empresarial: reclamo de accesos adecuados, correcta señalización, étc.; favorecendo, na medida do posible, a actividade económica.
  • Representación ante la Administración Pública
  • Reclamo de servicios colectivos: línea de autobús, colectores de lixo, buzóns.
  • Solicitude de subvencións para mellora de infraestructuras do polígono.
  • Vehículo informativo de normas a establecer: normas ISO, normas de prevención de riscos laborais, protección de datos, étc.
  • Información sobre subvencións á empresa individual.
  • Establecemento de servicios colectivos, como por ex. a vixilancia privada
  • Bolsa de emprego. Interconexión entre oferta e demanda de traballo.
  • Garantizar o correcto suministro de servicios básicos: electricidade, auga, telecomunicacións, étc.
  • Realización de campañas mancomunadas de publicidade, feiras de promoción.
  • Atender as necesidades de información, formación, investigación, desenvolvimento, innovación e perfecionamento das empresas adheridas.  
  • Inspección e control das condicións do polígono
  • Mediación de conflictos entre naves
  • Como Obxetivo a longo prazo contemplase a construcción dun edificio de uso social, donde poder celebrar reunións, cursos de formación, exposicións, étc.
  • Establecimento de convenios para aproveitar en condicións favorables os servizos de entidades financieras, consultorías, étc.
  • Elaboración de modelos de xestión entre empresas
  • Información do polígono en xeral.

Os servicios que se prestan están orientados cara a mellora da competitividade das empresas, a súa inserción efectiva nos mercados,  a mellora e mantimento do parque empresarial.