Ampliación do prazo de entega de fotos no VI Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial do Milladoiro

Certame creado para promocionar a arte da fotografía, principalmente entre os aficionados

 

En asamblea xeral de socios mantida no día de onte, e dado as inclimencias do tempo do mes pasado, acordouse ampliar o prazo de entrega de fotografías ate o 15 de decebro.

A exposición será a partir do día 19 de decembro.

As demáis condicóns quedan invariables.

A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial retoma a iniciativa de facer o Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial do Milladoiro polo que a partir do día 22 de outubro se poderán enviar as fotografías para participar neste concurso que ano a ano vai gañando máis adeptos.
A participación está aberta a toda aquela persoa aficionada a esta arte.

A forma de participar é doada, simplemente hai que enviar unha fotografía feita no parque empresarial do Milladoiro ao correo electrónico: certamefotografico@aenovomilladoiro.com cos datos persoais e o título da fotografía. Será a propia Asociación quen se encargue da impresión con equipos XEROX para ser exposta na Casa de Cultura de O Milladoiro, donde se poderá ver dende o 19 de decembro de 2019 ate o 15 de xaneiro de 2020.

BASES TÉCNICAS