Apertura de establecementos comerciais en domingos e festivos

Os domingos e días festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público serán, como máximo, de dez ao ano

Logo da consulta efectuada aos axentes socioeconómicos, e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, procédese á fixación dos 10 domingos e festivos que para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 2020.

Os domingos e festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público durante o vindeiro ano son:

5 de xaneiro

12 de xaneiro

9 de abril

5 de xullo

11 de outubro

29 de novembro

6 de decembro

13 de decembro

20 de decembro

27 de decembro

Co obxectivo de protexer os intereses comerciais nos diferentes concellos, así que fosen publicadas no Diario Oficial de Galicia as datas, calquera concello poderá solicitar da consellería competente en materia de comercio a modificación de dúas datas para o seu termo municipal. Con anterioridade ao 15 de decembro serán publicados no Diario Oficial de Galicia os cambios que se aprobasen.

Enlace ao DOG