Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

A AEPEM retoma a iniciativa do Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro.

 

Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial retoma a iniciativa de facer o Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro polo que a partir do día 20 de outubro se poderán enviar as fotografías para participar neste concurso que ano a ano vai gañando máis adeptos.
A participación está aberta a toda aquela persoa aficionada a esta arte. A forma de participar é doada, simplemente hai que enviar unha fotografía feita no parque empresarial de O Milladoiro e enviala a certamefotografico@aenovomilladoiro.com con todos os datos persoais e o título da fotografía. 
Será a propia Asociación quen se encargará da impresión, feita por equipos XEROX, e expoñela na Casa de Cultura de O Milladoiro, donde se poderán ver dende o 28 de novembro.

Bases