Concurso de escaparatismo do Concello de Ames

Dende fai catoce anos, como xa ben sendo tradición no Concello de Ames, convócase o concurso de escapartismo. Este ano con moitas novedades

A Concellaría de Promoción Económica volve convocar, un ano máis, o Concurso de Escaparates de Nadal. Os comerciantes que queiran participar deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. Os escaparates deberán permanecer expostos entre o 23 de decembro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020. As solicitudes de inscrición poderán entregarse no rexistro municipal ata o vindeiro 20 de decembro. Este ano haberá ate 5 premios para os titulares dos establecementos participantes e 9 talóns bancarios por importe de 100 € que se sortearán entre os clientes do comercio amiense.

Premios:

 Primeiro premio: 1.000 € - Segundo premio: 700 € - Terceiro/a clasificado/a: 400 € - Cuarto clasificado/a: 300€ - Quinto clasificado/a: 100€

Sorteo para os clientes: 9 talóns bancarios, e todos por importe de 100 €.

Dende esta Asociación se anima a participar a todos os establecementos comerciais e se lembra que o simple feito de formar parte do concurso, é xa de por sí un éxito. Sorte a todos!

Bases