Convenio da AEPEM co hotel Payro

No inicio deste ano, abreu as súas portas o Hotel Payro, único hotel en O Milladoiro.

 Fruto da necesidade de establecer un centro de hostelería donde os visitadores das empresas poidan aloxarse, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial firmou un convenio co Hotel Payro, cuias condicións se poden consultar na oficina da Asociación.

O  Hotel PAYRO  atópase na rúa Anxeriz a 100 metros do parque empresarial, en O Milladoiro, Ames, a tan sólo 5 minutos da capital galega. Conta con servicio de autobuses con amplos horarios e parada de taxis próxima. 

No hotel hai 18 habitacións, con todo o necesario para unha estancia confortable. Contando con habitacións diseñadas para a comodidade das familias. 

Mencionar que na zona hai restaurantes, cafeterías, tendas, supermercados, centro comercial, lavanderías autoservicio. 

 Todas as habitaciones dispoñen de: secador de pelo, televisor, mesa de traballo  ·  Wi-Fi gratis, Parking previa solicitude e según dispoñibilidade ·  Recepción 16 horas  ·  Salón social con servizo de cafetería e prensa  ·  Zona habilitada para guardar as súas bicicletas  ·  Servicio de garda equipajes. 

Ademáis por módico suplemento, poderá disponer en instalacións exteriores próximas de spa, piscina climatizada ou exterior, ximnasio, pistas de padel, de tenis:  Sá de Fitness.