ERTE CORONAVIRUS

GUÍAS PARA A TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO (ERTE) MOTIVADOS POLO COVID-19

A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19.

Nos dous documentos que se achegan, as persoas interesadas poden consultar o procedemento e os pasos que se deben realizar para a correcta tramitación destes expedientes:

ERTE por forza maior motivado polo COVID-19: tramitación

ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivado polo COVID-19: tramitación

 
Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600