IV Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

IV Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro. Bases.

 

 

BASES TÉCNICAS

 

1.- OBXETIVO

Realización de imaxes de calidade, creando unha estética das construccións eminentemente funcionales, ubicados no Parque Empresarial do Milladoiro.

Temática: Comercial-empresarial

Parque empresarial do Milladoiro: Visión da empresa actual

Lugar: parque empresarial de O Milladoiro  na zona de naves comerciales e LOFTS.

Realizada con calquer tipo de técnica e estilo, primando o enfoque comercial da fotografía.

 

2.- PARTICIPANTES

Poden participar neste certame todas as persoas que o desexen, con independencia do seu lugar de orixe e sen límite de idade. As persoas menores de 18 anos incluiranse directamente na categoría xuvenil-infantil.

As fotografías serán orixinais e inéditas, presentando cada participante unha fotografía como máximo, realizada con calquer técnica fotográfica ben sexa en color ou en branco e negro.

A inscripción é gratuita.

Os participantes aceptan as bases do concurso ó presentar as súas obras.

 

3.- TEMA

Temática: Comercial-empresarial

Parque empresarial do Milladoiro: Visión da empresa actual

Lugar: polígono de Milladoiro  na zona de naves comerciales e LOFTS.

As fotografías poden ser das instalacións, incluída a fachada da nave, do equipo humán, dos productos, dos eventos ou de calquer actividade económica que as empresas realicen na súa ubicación.

Poden ser realizadas con calquer tipo de técnica e estilo, primando o enfoque comercial da fotografía, tentando crear unha estética do Parque Empresarial do Milladoiro ou das actividades económicas que aquí se desenvolvan. Estarán inscritas no campo do fotodocumentalismo, fotoperiodismo ou reportaxe en xeral.

Deberán ceñirse á temática económica, e, serán realizadas dentro término xeográfico do Parque Empresarial de Milladoiro, valorándose especialmente as obras que reflexen os elementos más representativos e identificables das empresas.

 

4.- PRESENTACIÓN DAS OBRAS

Permitirase unha fotografía por persona, que deberá ser enviada xunto co título da obra, e os seus datos persoais á dirección de correo electrónico: certamefotografico@aenovomilladoiro.com

É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos do autor: Nome, apelidos, data de nacemento, nº de carnet, dirección e teléfono de contacto (preferiblemente móbil).

A Asociación de Empresarios non gardará nin utilizará os datos persoais de ningún dos participantes, salvo os necesarios para identificar cada fotografía.

Plazo de entrega

  • Inicio: 29 de setembro 2017
  • fin:       6 de novembro 2017

Exposición na casa de cultura de O Milladoiro: do 24 de novembro ó 29 de decembro de 2017.

Pola limitación da sala de exposicións, no caso en que número de obras  presentadas foran superior a 60 na categoría de adultos e 40 na categoría infantil, o xurado elixirá as que se expoñen.

 

5.- LIMITACIÓNS TÉCNICAS

A imaxe orixinal será obtida por captación directa da luz.

As fotografías deberán ser orixinais e inéditas. Poderán ser alteradas dixitalmente, sempre e cando se detecte a simple vista, conexión clara co parque empresarial.

Permitirase un retoque global das fotografías, pero non se poderán añadir ou eliminar elementos que modifiquen a súa composición orixinal. En caso de dúbida ou como comprobación, se podera esixir o arquivo orixinal.

Todos os arquivos serán en formato JPEG ou JPG. Deberán estar en alta resolución.

En caso de que a Asociación o solicite deberá acreditarse por escrito a propiedade intelectual das imáxes presentadas.

Non se aceptarán imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á legalidade vixente.

As fotografías serán realizadas acorde ó dereito á propia imaxe, complementario ó dereito á intimidade. Este dereito garantiza a protección do que se consideran as cualidades definitorias dunha persoa: imaxe física, voz e nome.

As fotografías nas que aparezan persoas reconocibles deberán ir acompañadas dunha carta firmada por ditas persoas autorizando o uso da súa imaxen.

A Asociación de empresarios resérvase o dereito de veto por se alguna imaxe fose contraria á legalidade ou se mostrasen a persoas en acción pouco dignificantes.

 

6.- PRAZO DE PRESENTACIÓN FOTOGRAFÍAS A CONCURSO

O prazo para a presentación das obras comenzará o 29 de setembro e rematará o 6 de novembro do 2017.

 

7.- PREMIOS

Premios para adultos (Maiores de 18 anos):

1º Premio: 300 € + diploma acreditativo

2º Premio: 200 € + diploma acreditativo

3º Premio: 100 € + diploma acreditativo

Premios xuvenil-infantil (Menores de 18 anos):

1º Premio + diploma acreditativo.

2º Premio + diploma acreditativo.

3º Premio + diploma acreditativo.

A todos os premios se lles practicará os impostos que procedan.

 

Gala de entrega de premios: venres, 22 de Decembro 2017, no salón de actos da casa de Cultura de Milladoiro, ás 20:00 h.

 

 

8.- XURADO

O xurado estará presidido polo presidente da Asociación e formarán parte do mesmo, dúas persoas de recoñecido prestixio dentro do ámbito da fotografía e o arte, e, dous representantes do Concello. Actuará como secretaria do xurado a técnico da Asociación.

O xurado terá como finalidade a valoración e selección das obras presentadas,  completando co seu criterio as omisións ou dúbidas que puderan plantexar a interpretación destas bases. O seu fallo será inapelable.

O fallo do certame farase público o día da celebración da gala de entrega de premios, que haberá que recoller persoalmente, ou, no seu caso, mediante delegación transmitida por escrito.

 

9.- CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OBRAS

O xurado valorará a idea expresada pola obra respecto aos obxetivos do concurso, así como a expresión artística da mesma e a súa calidade fotográfica: encadre, enfoque, luminosidade, étc..

Puntuaranse conceptos como a seguridade industrial ou boas prácticas no comercio e no consumo.

 

10.- Licencia

Todos os concursantes otorgan á AEPEM unha licencia suficiente sobre os dereitos de reproducción, publicación, distribución, transformación, comunicación pública e posta a disposición da súa obra por tempo e ámbito indefinido.

O concursante manifesta e garantiza ser o único titular de tódolos dereitos de autor da fotografía que presenta a concurso e se responsabiliza totalmente de toda a reclamación frente a terceiros derivada do incumplimento da citada garantía.

 

En Milladoiro, Ames a 15 de setembro de 2017.