Prestamos igape

ANEXO I (Resume para PEMEs do parque empresarial do Milladoiro)

 

Modalidades de préstamos

1.1. Préstamos para investimentos estratéxicos.

A) Obxecto. Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

B) Requisitos específicos dos beneficiarios. Os establecidos no artigo 1 das presentes bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo, e se inclúan nalgún dos seguintes sectores de actividade CNAE descritos nas bases

03 Pesca e acuicultura

05 a 09 Industrias extractivas

10 a 33 Industrias manufactureiras

35 a 39 Fornecemento de enerxía e auga, e xestión de residuos e descontaminación

42 a 43 Construción de redes e construción especializada

46 Comercio por xunto e intermediarios, salvo vehículos de motor e motocicletas

49 a 53 Transporte e almacenamento

55 a 56 Hostalaría

58 a 63 Información e comunicacións

69 a 75 Actividades profesionais, científicas e técnicas

77.3 Aluguer de maquinaria, equipamentos e bens tanxibles

79 Axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes.

80 a 82 Actividades de seguranza e investigación e outras actividades auxiliares das empresas

87 a 88 Asistencia en establecementos residenciais e servizos sociais sen aloxamento

90 a 93 Actividades artísticas, recreativas e de entretemento

Excepto: 1) CNAE 12 Industria do tabaco, e 2) O que se refira ao sector das fibras sintéticas tal como o define o anexo II das directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE de 4.3.2006. 2 Excepto CNAE 60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión.

C) Requisitos específicos do proxecto que se vai financiar.

C.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable en activos fixos igual ou superior a 1.000.000 € máis impostos. Este límite non se aplicará aos proxectos que, ao abeiro do previsto nos artigos 15 e 42 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, sexan declarados proxecto empresarial singular ou iniciativa empresarial prioritaria, respectivamente, ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular ou de iniciativa empresarial prioritaria, segundo corresponda.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os conceptos sinalados no artigo 3, letras a) Bens tanxibles, b) Bens Intanxibles, e d) Capital de explotación. O investimento en capital de explotación non poderá superar o 50 % do gasto financiable total.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo. O importe mínimo do préstamo será de 500.000 € e o máximo de 5.000.000 €. O importe mínimo anterior non será de aplicación nos proxectos referidos no segundo parágrafo do punto C.1) anterior. En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia. Axustados ao plan económico-financeiro, cun máximo de 12 anos, e poderá incluír carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario. Con carácter xeral, o tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme o anexo II destas bases. Non obstante o anterior, o tipo de xuro aplicable aos préstamos para proxectos consistentes en apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de activos/unidades produtivas que, de non ser adquiridas terían cesado no negocio, será inferior en 1,5 puntos porcentuais ao determinado conforme o anexo II. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0 %. Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural. Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme a seguinte fórmula: (C ×R ×T)/36000 Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual que se pagará trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural. Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula: (C × R)/400

D.3.b) Tipo de xuro de mora. Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita. Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro se determinará aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado. Non obstante o anterior, os préstamos aos cales se lles aplique a rebaixa no tipo de xuro prevista no punto D.3.a) anterior, destinados ao financiamento de proxectos consistentes na apertura de novos establecementos ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de unidades produtivas que de non seren adquiridas terían cesado no negocio, incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

D.4) Plan de amortización. Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización, unha vez finalizada a carencia. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

D.5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

– Memoria do proxecto

F) Criterios específicos de avaliación. Non se establecen criterios específicos de avaliación. Concederanse todas as solicitudes que superen os limiares de cualificación do risco e cumpran os requisitos das bases reguladoras, ata o esgotamento do orzamento.

G) Xustificación. Para os efectos do previsto no artigo 19 das bases reguladoras, para a xustificación dos proxectos financiados mediante esta modalidade de préstamos, será preceptiva a presentación do informe de auditor independente establecido no número 6 do referido artigo. 1.2. Préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais.

 

1.2. Préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais.

1.3. Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval