Proxecto de difusión para as empresas de Ames

Dentro do teu Concello

    Dende fai un ano Radio Ames da a posibilidade de formar parte da súa programación ás entidades do Concello. 

    Esta nova andadura inicia o prazo para a presentación dos proxectos que estará aberto ata o 9 de xullo de 2018.

    A relación dos proxectos presentados será exposta nos taboleiros oficiais e na web do Concello de Ames.

    Será o Consello Asesor quen aprobe a inclusión de novos programas e colaboradores. A cantidade dos proxectos seleccionados quedará en función das propostas recibidas e as posibilidades de emisión de Ames Radio.

No mes de setembro a relación de proxectos seleccionados será publicada nos taboleiros oficiais do Concello, na páxina web municipal, e incluída na grella de programación de Ames Radio.