Sorteo de cesta de productos alimenticios polo verán

Sorteo de cesta de productos alimenticios

Para celebrar a entrada do verán, a AEPEM decideu sortear unha cesta de productos típicos. 

As rifas repartiranse de valde pola compra en calquera dos establecementos asociados.

 

BASES  DO  SORTEO  DA  CESTA  DO VERÁN  POR  PARTE  DA  ASOCIACIÓN  DE EMPRESARIOS  DO  PARQUE  EMPRESARIAL  DO  MILLADOIRO

O VINTE DE XUÑO DE 2019.

 

1. Premio do sorteo: Gran cesta con productos alimenticios típicos

2. No conxunto das rifas están insertos 10.000 números que van dende o 0.000 ó 9.999.

3. A cantidade de rifas impresas ascende a un total de 10.000, que serán repartidas entre os socios da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro de forma gratuita.

4. Cada rifa leva impreso un número.

5. As rifas están destiñadas a ser repartidas gratuitamente entre os clientes das empresas socias da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de O Milladoiro (AEPEM), como medida de promoción do comercio. Recoméndase que cada unha das rifas vaia cuñada polo comercio repartidor.

6. As rifas repartiranse entre a clientela ate o día 19 de xuño como agasallo pola compra.

7. Aquel boleto que posea o número agraciado co 1º premio do Sorteo da Lotería Nacional correspondente ó 20 de xuño do 2019, será o premiado.

8. A data de entrega está prevista para o venres, 21 de xuño de 2019en horario de mañá. Despois deste día, a entrega farase con previo aviso por parte do poseedor do boleto premiado no establecemento donde foi obtido o boleto.

9. O lugar para a xestión da entrega do premio será no domicilio da Asociación: rúa das Palmeiras, 19. Baixo. Milladoiro, Ames.

10. O agraciado do sorteo consentirá en que a súa imaxe e datos persoales (Nome e apelidos) podan usarse en medidas de promoción económica.

11. A caducidade das rifas é a 15 días de terse celebrado o sorteo, é dicir, venres, 5 de xullo de 2019.