XORNADAS INFORMATIVAS DE AXUDAS Á CRISE PROVOCADA POLA COVID-19

O 2 de xullo, ás 12:00 horas, terá lugar unha conferencia virtual para informar ás empresas do parque empresarial sobre as axudas das que dispoñen para facer frente á crise actual.

A asociaicón de empresarios do Milladoiro considera prioritario que as empresas coñezan todas as posibilidades para salvar a crise actual con éxito.
Gracias a Arxón Estratexia, poderemos valorar en profundidade o programa Re-Acciona. Todos os interesados deben confirmar a asistencia no correo electrónico desta Asociación ou ben chamando ao nº de teléfono: 669 088 489.
A ponencia correrá a cargo de D. Rafael Martínez-Carrasco Sanmartín, que falará extensamente da búsqueda de liquidez tan necesaria nestes momentos, para a solvencia de moitos dos pequenos negocios que contribúen a xerar emprego no noso concello.
Nesta xornadas coñecerás as ferramentas necesarias para reformular a túa estratexia e plan de ventas, podendo reaccionar rápidamente á incertidume do futuro entorno económico.
Aprenderás a redefinir o xeito de traballar na túa empresa posicionándoa nol mercado dixitalmente e xerando garantías frente a futuras fluctuaciones nas tendencias do mercado.