Información
- NombreCertame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro
- Fecha20-10-2016
Descripción
Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro
Que unha imaxe vale máis que mil palabras, é una verdade asumida por casi a totalidade das personas, máxime se falamos de mercado, comunicación e ventas. Esta realidade toma máis peso nos tempos actuais, xa que as novas tecnoloxías poñen ó alcance de millóns de persoas, multitude de imaxes a diario.
Coñecendo o valor que ten unha imaxe pero, sobre todo, sendo conscientes do valor que posee a imaxe para a empresa, a súa marca ou producto, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro (AEPEM) non cesa no empeño de poñer ó servicio do colectivo de empresas da zona as distintas formas de promoción comercial que se comprometen coa prestixio da zona, para conseguir que as súas instalacións, productos, servicios e equipo humán sexa atractivo e para os seus clientes.
Unha das principais características que debe ter calquer empresa é un carácter diferencial respecto ás súas competidoras. A diferenciación proporciona importantes avantaxes competitivas. O posicionamiento estratéxico das firmas do Parque Empresarial de O Milladoiro fai que o modelo de negocio establecido requira de accións destinadas a difusión mediática.
Esta é a razón básica pola que a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de O Milladoiro (AEPEM) optou por organizar un certame fotográfico, considerándoo a mellor forma de proxección do parque empresarial e o seu entorno, o xeito idóneo para dar a coñecer as empresas que aquí se ubican e a zona donde futuros profesionais da Fotografía poderán establecer o seu estudio.
O concurso de fotografía é unha actuación promovida pola Asociación, que pretende mediante a imaxe e a súa reflexión, fomentar a participación da ciudadanía na actividade do parque Empresarial do Milladoiro.
Temática: Parque empresarial do Milladoiro: Visión da empresa actual
Exposición: casa de Cultura do Milladoiro.
As imaxes serán expostas xunto co título indicado polo autor, de forma que o público só coñecerá os nomes dos realizadores das fotografías gañadoras no momento da entrega dos premios.
Será a propia Asociación a encargada de imprimir as fotografías para que poidan formar parte da exposición na Casa de Cultura de O Milladoiro. O prazo de exposición será dende o primeiro de decembro ate o vinte e dous dese mesmo mes.
As fotografías presentadas pasarán a formar parte dos arquivos da Asociación. As persoas participantes cederán o dereito sobre a propiedade intelectual para a realización de accións de promoción comercial.
A entrega de fotografías realizarase vía telemática no correo electrónico: certamefotografico@aenovomilladoiro.com
tamén se poderán compartir na páxina de Facebook da Asociación.
Gala de entrega de premios: 22 de Decembro 2015.
Premios para adultos:
1º Premio: 300 € + diploma acreditativo
2º Premio: 200 € + diploma acreditativo
3º Premio: 100 € + diploma acreditativo
Premios xuvenil-infantil
1º Premio + diploma acreditativo.
2º Premio + diploma acreditativo.
3º Premio + diploma acreditativo.