Información
- TítuloAxudas do PEL 2019 á contratación e o emprendemento
- Fecha05-03-2019
- CategoríaLaboral

Descripción
A liña PEL-PEMES subvencionará ata o 75% dos custes laborais das novas contratacións nas empresas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes
A liña PEL-EMPRENDE destinará 2,26 millóns a apoiar aos emprendedores e autónomos a impulsar o crecemento do seu negocio.
O programa PEL-EMPRENDE 2019 contará con dúas liñas de subvencións: para investimentos e actividades.
As axudas PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO están destinadas a empresas con menos de 5 anos de antigüidade e teñen como obxectivo impulsar o tecido emprendedor da provincia con subvencións destinadas ao investimento en bens inventariables novos e necesarios para a realización da súa actividade empresarial, tales como maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario ou equipos e útiles de traballo. As axudas do PEL cubrirán ata o 80% do investimento, cun máximo de 20.000 euros de axuda a fondo perdido.
A liña PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES, destinada a empresas cunha antigüidade máxima de dez anos, contempla axudas de ata o 80% para apoiar ás empresas na contratación de servizos nos ámbitos da responsabilidade social corporativa, marketing e comunicación ou mellora da competitividade, expansión e exportación.