Información
- TítuloAxudas para novos emprendedores
- Fecha26-04-2017
- CategoríaLaboral

Descripción
Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.
Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.
Considérase nova peme, para os efectos destas bases: a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude). b) No caso de sociedades, cando tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda. 4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda. b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade. c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia. CVE-DOG: meozino4-qin8-wzj3-pcd3-mq5d2uumbsh7 DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17805 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación 1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. 2. Non se poderán outorgar subvencións por unha contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 3. As axudas previstas nestas bases encádranse no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño), agás os gastos previstos no artigo 5.1.b) e d), que se amparan no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro); e os gastos previstos no artigo 5.1.f), que se amparan no artigo 17.3.b) do devandito Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño. 4. A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular: obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.01 e obxectivo específico 03.01.02, e están sometidas ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular as establecidas no anexo XII, número 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro (DOUE L 347, do 20 de decembro). Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas 1. Estas axudas poderán ser compatibles cos programas de axuda financeira do Igape como poden ser, entre outros, os préstamos ou a subsidiación do tipo de xuro, ata o límite máximo de intensidade de axuda, indicado en termos de equivalente de subvención bruta, segundo o indicado no artigo 6.1. Non obstante, o dito límite poderá ser inferior, de acordo coa análise da normativa reguladora das axudas concorrentes. CVE-DOG: meozino4-qin8-wzj3-pcd3-mq5d2uumbsh7 DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17806 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia De acordo co disposto no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, no caso de concorreren no proxecto outras axudas ao proxecto financiadas con outros fondos EIE ou outros instrumentos da Unión, serán compatibles a condición de que o mesmo concepto de gasto non estea subvencionado por outro instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo Feder conforme un programa operativo distinto. 2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro. Artigo 4. Beneficiarios 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e cumpran as seguintes condicións: a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís: 1º. O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando da documentación e datos que consten no expediente se deduza que se produce continuidade empresarial, por baixa recente (antigüidade menor dun ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón como nova, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda. 2º. A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas na data de solicitude, non poderá exceder CVE-DOG: meozino4-qin8-wzj3-pcd3-mq5d2uumbsh7 DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17807 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia conxuntamente o 49 %. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20 % no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude) e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. b) Antigüidade na actividade empresarial: 1º. No caso dos autónomos, a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude). 2º. No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda. c) Contribución financeira exenta de axudas públicas: Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.