Información
- TítuloAxudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas
- Fecha07-06-2018
- CategoríaLaboral

Descripción
Esta orde ten por obxecto o establecemento, para a Comunidade Autónoma de Galicia, de normas de carácter permanente para a xestión do procedemento das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social, a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.
Estas axudas están destinadas a facilitar unha cobertura económica ás persoas traballadoras próximas á idade de xubilación para atender situacións de urxencia e necesidade sociolaboral que permitan paliar as consecuencias sociais derivadas dos procesos de reestruturación de empresas que poderían levar consigo o cesamento total ou parcial da actividade destas ou contribúan ao mantemento do emprego