Información
- TítuloAdquisición de bicicletas con pedaleo asistido y selección de entidades colaboradoras que participarán en su getión
- Fecha15-07-2022
- CategoríaCirculante

Descripción
O Plan director de mobilidade alternativa de Galicia (PDMAG), cuxo obxecto fundamental era fomentar o uso dos modos de transporte que favorezana transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores, inclúen o fomento da mobilidade urbana multimodal sustentable e as medidas de adaptación con efecto de mitigación da contaminación. Esa é a razón para incentir a compra de bicicletas eléctricas.
Esta orde indica o proceso de selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión. As entidades interesadas deberán formalizar o convenio de colaboración entre os establecementos colaboradores e a Dirección Xeral de Mobilidade, no que se regularán as condicións e deberes asumidos por aquelas, cuxo modelo figura no anexo V desta orde.
Poderán ser entidades colaboradoras todos aqueles establecementos comerciais abertos ao público na Comunidade Autónoma de Galicia que se dediquen de forma total ou parcial á venda de bicicletas con pedaleo asistido e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nunha ou varias das epígrafes seguintes correspondentes ás tarifas do IAE:
– Epígrafe 654.1: comercio polo miúdo de vehículos terrestres.
– Epígrafe 659.6: venda polo miúdo de artigos de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas, calzado e tocado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
– Epígrafe 661.1: comercio en grandes almacéns, que ofrecen unha variedade ampla e, en xeral, profunda, de varias gamas de produtos.
– Epígrafe 661.2: comercio en hipermercados, establecementos que ofrecen principalmente en autoservizo unha ampla variedade de produtos alimenticios e non alimenticios de gran venda.
– Epígrafe 661.3: comercio en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.
– Epígrafe 661.9
– Epígrafe 662.1: comercio polo miúdo de toda clase de artigos en economatos e cooperativas de consumo.
– Epígrafe 662.2
Requisitos técnicos e de equipamento das bicicletas novas con pedaleo asistido |
1. Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance o 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas). |
2. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 wh (vatios/hora). |
3. Cadro ríxido (sen dobre suspensión). |
4. Luz traseira e dianteira. |
5. Gardabarros dianteiro e traseiro completo, ambos de serie. |
6. Pata de cabra ou cabalete. |
7. Cumprimento de Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC. |
Bicicletas subvencionables
Tipo de Beneficiario/a |
Subvención máxima (€/bicicleta) |
||
Xeral |
Integrante familia numerosa |
Integrante familia numerosa categoría especial |
|
Bicicleta con pedaleo asistido que cumpra os requisitos técnicos e de equipamento establecidos na táboa superior |
500 |
600 |
700 |
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras finalizará o 31 de agosto de 2022.
A data límite para poder beneficiarse desta axuda é 15 de novembro de 2022 ou ate o esgotamento de fondos.