Información
- TítuloDiseño a la innovación. Programa DeseñaPeme IN848E
- Fecha21-04-2022
- CategoríaActivo fixo

Descripción
Esta subvencíón tiene como objecto la concesión de las axudas de la Agencia Gallega de Innovación dirigidas a microempresas, pequeñas y medianas empresas, destinadas al financiamento de proyectos de diseño, para mejora de las capacidades de innovación y sustentabilidade de las empresas en Galicia, a través del impulso de la gestión del diseño estratégico de productos, servicios y marcas y identidades corporativas, aliñados con las prioridades establecidas en la RIS3 para Galicia.
En estas ayudas se diferencian tres ámbitos de diseño según el tipo de proyecto que se vaya a poner en marcha en las empresas beneficiarias:
1.1. Diseño de produto.
1.2. Diseño de servicios/experiencias.
1.3. Diseño de marca e identidad corporativa.
Retos |
Reto 1: novo modelo de xestión innovadora de recursos naturais e culturais. Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan no melloramento da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais. Reto 2: o modelo industrial da Galicia do futuro. Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais. Reto 3: novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Posicionar Galicia para o ano 2020 como a rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: o envellecemento activo, a aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional. |
Prioridades |
• Prioridade 1: ◦ Solucións científico-tecnolóxicas para a sustentabilidade. Desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando ademais oportunidades para a diversificación a produtos sustentables competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas. • Prioridade 2: ◦ Dixitalización para o novo modelo industrial e social. Apoio á tecnificación e dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego e a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, como panca para a transformación resiliente de Galicia. • Prioridade 3: ◦ Orientación dos esforzos en I+D+i cara os retos da sociedade en alimentación, saúde e envellecemento activo, convertendo Galicia nunha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e exame de novas oportunidades científico-tecnolóxicas e empresariais: Galicia Living Lab. |
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda.
Excepto:
a) As pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda do programa DeseñaPeme.
b) As pemes incluídas nalgunha das seguintes rúbricas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009:
• Sección J: información e comunicacións. Quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: telecomunicacións; 62: programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática, e 63: servizos de información.
c) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
d) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a Administración en que se integren.
e) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se creasen especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
f) As pemes en crise conforme a definición contida no artigo 2 desta convocatoria. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar a unha empresa en crise.
g) As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) As pemes vinculadas ou pertencentes ao mesmo grupo empresarial.
• Non poderán coexistir na mesma convocatoria solicitudes de entidades vinculadas (segundo se explicita no artigo 2) ou pertencentes ao mesmo grupo empresarial, e considerarase soamente a que primeiro presente a solicitude.
Non poderán ser beneficiarias as empresas vinculadas ou do mesmo grupo empresarial doutras que fosen beneficiarias doutras convocatorias desta axuda e transcorresen menos de 2 anos desde a súa concesión.
Contía, intensidade das axudas e concorrencia
1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida para cada proxecto de deseño determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:
Modalidade |
Investimento |
Subvención |
Intensidade |
Subvención non reembolsable |
De 10.000 € a 200.000 € |
De 5.000 € ata 100.000 € |
50 % |
Esta convocatoria establécese en réxime de concorrencia competitiva ata o esgotamento de crédito e conforme os criterios de avaliación establecidos nesta convocatoria.
Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes: ate o 23 de maio 2022