Información
- Título Investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación
- Fecha01-06-2018
- CategoríaCirculante

Descripción
Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da Industria 4.0.
Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e de procesos, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e que se recollen no artigo anterior da presente resolución.
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución. As empresas, atendendo ao seu tamaño, poderán ser grandes ou pemes, segundo as definicións incluídas no artigo 2.
b) Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), que realicen proxectos en cooperación. No caso de agrupacións, as empresas que a integren deberán ter as características indicadas na punto 1.a) deste artigo. 2. Os organismos de investigación, ademais de cumpriren os requisitos da definición incluída no artigo 2, só poderán ser beneficiarios se desenvolven un proxecto en colaboración cunha/s empresa/s no marco dun proxecto en cooperación subvencionable ao abeiro desta convocatoria e contan cun centro de traballo permanente en Galicia. 3. As grandes empresas só poderán acceder ás axudas para proxectos de innovación en materia de organización e de procesos se colaboran de xeito efectivo (artigo 2.10) para o desenvolvemento das actividades obxecto da axuda cunha ou varias pemes que deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto en cooperación coa grande empresa.