Información
- TítuloNOVA CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- Fecha10-07-2020
- CategoríaActivo fixo

Descripción
A Xunta activa a nova convocatoria das axudas á dixitalización. A partir de hoxe, as pemes interesadas poden solicitar os apoios do programa que ten como obxectivo facilitar a modernización e mellora da competitividade das empresas través da interconexión dixital entre compañías vinculadas pola súa actividade e a dixitalización de procesos produtivos, ao tempo que se promove a xeración de iniciativas de colaboración neste eido.
Esta liña complementa ás axudas activadas tamén pola Xunta a través do Cheque de dixitalización, un novo programa cofinanciado así mesmo polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dirixido a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ao comercio, autónomos e ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade, e que ten en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do traballo a distancia.
Pola súa banda, as axudas á dixitalización das que se publicou onte a nova convocatoria, impulsan proxectos colectivos e individuais e inclúen unha subliña que promove a realización de cursos, que incentivan a creación de espazos de colaboración entre compañías para explorar solucións tecnolóxicas e a implementación de ferramentas dixitais colaborativas, así como oportunidades de hibridación entre sectores produtivos. Estes espazos están financiados ao 100%.
Axudas á dixitalización da industria 4.0