Adscripción para entidades colaboradoras en el plan Renove de electrodomésticos  (Finalizado plazo de solicitud)

Información

  • TítuloAdscripción para entidades colaboradoras en el plan Renove de electrodomésticos
  • Fecha29-03-2021
  • CategoríaCirculante

Descripción

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obxecto

subvencionar a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución e proceder á convocatoria para a anualidade 2021.

Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (anexos II e III).

Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2021 que se xuntan a esta resolución como anexos IV a VI.

Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).


Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.

Electrodomésticos subvencionables

Axuda máxima (€/electrodoméstico)

Consumidor

xeral

Consumidor vulnerable

Consumidor vulnerable severo

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

150

300

450

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

100

200

300

Lavalouza A, B ou C

Placa de indución total (soamente tecnoloxía de indución)

100

200

300

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axudas serán presentadas polas entidades colaboradoras segundo o modelo de formulario normalizado do anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) 

3. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras rematará o 30 de xuño de 2021, e para solicitar a adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

4. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.