Información
- TítuloPréstamos directos para o financiamento empresarial
- Fecha06-05-2021
- CategoríaCirculante
-1620300487.jpg)
Descripción
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior número 1.
Obxecto
Préstamos para investimentos estratéxicos, préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais e préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o venres, 7 de maio e rematará o 30 de decembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Conceptos de gasto financiables
a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministración de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utensilios, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas as dúas.
b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.
c) Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación,
d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto. Os fondos non poderán destinarse a refinanciar débedas bancarias, saneamento de contas, ou a atender vencementos de cotas de préstamos, leasing ou outras operacións financeiras, nin utilizarse como depósito para constituír garantías. En ningún caso se realizarán disposicións en efectivo, cheques ao portador ou transferencias a outras contas da mesma empresa, aínda que posteriormente sexan aplicados ás finalidades previstas.
e) Salvo nos conceptos recollidos na alínea f) seguinte, exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.
f) Pagamentos operativos.