Información
- TítuloPremio Comunicar en Igualdade 2019
- Fecha07-03-2019
- Categoría
Descripción
Destinado a profesionais do xornalismo e o alumnado universitario para premiar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade.
A contía dos premios será:
a) Premio para profesionais do xornalismo:
– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de seis mil euros (6.000 €).
– Un segundo premio cunha dotación económica de tres mil euros (3.000 €).
– Un terceiro premio cunha dotación económica de dous mil euros (2.000 €).
b) Premio para alumnado universitario:
– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de catro mil euros (4.000 €).
– Un segundo premio cunha dotación económica de dous mil euros (2.000 €).
– Un terceiro premio cunha dotación económica de mil euros (1.000 €).
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 16 de setembro de 2019.