Programa de unidades formativas dirixidas á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos  (Finalizado plazo de solicitud)

Información

  • TítuloPrograma de unidades formativas dirixidas á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos
  • Fecha01-10-2019
  • CategoríaLaboral

Descripción

 

 

Entidades beneficiarias:

  • empresas privadas con centro de traballo en Galicia, calquera que for a forma xurídica que adopten, excepto as persoas traballadoras por conta propia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.
  • Tamén poderán ser entidades beneficiarias as agrupacións de empresas, que deberán estar constituídas, como mínimo, por 2 empresas con necesidades formativas similares, de tal modo que así se poida alcanzar o número mínimo de alumnado participante que se establece nestas bases. O tamaño máximo da agrupación será de 10 empresas.

 

Segundo. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de unidades formativas dirixidas á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas (procedemento TR310A) cuxa vixencia comprenderá desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 31 de outubro de 2021, período durante o cal poderán efectuarse diversas convocatorias que se rexerán por elas.

2. Asemade, esta orde ten por obxecto proceder á primeira convocatoria do procedemento TR310A, co obxecto de financiar accións formativas que se executen no período comprendido entre o 1 de agosto do 2019 e o 31 de outubro do 2020.

 

O Importe para a primeira convocatoria será de 1.000.000 € para a anualidade de 2019 e 4.000.000 € para a anualidade de 2020.

O prazo finalizará o 30 de outubro.

As solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos

Extracto da convocatoria