Ames en Negro

Campaña contra a violencia de xénero

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral  das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Dende a Concellería de Servizos Sociais de Ames e o Centro de Información a Muller (CIM) consideran que a actual situación require dunha resposta unánime de  toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres.

Para ilo, se anima como en anos anteriores a participar na campaña "AMES EN NEGRO". Campaña contra a violencia que se desenvolve conxuntamente en 102 concellos de toda galicia baixo o lema "Galicia en negro contra á violencia"

Propoñémosvos vestir o noso Concello de loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren calquera tipo de violencia.

Na semana do 12 de novembro o concello de Ames terá todo o material da campaña dispoñible

Na semana do 19 ao 25 de novembro: viste a túa tenda, empresa, incluso ti mesmo/a de negro.

Venres 23 de novembro: proponse unha xuntanza na Pza do Concello ás 12:00h para facer visible esta acción.


Se queres participar so tes que chamar  aos seguintes números: 981 890 964 / 981 535 941 (Servizos Sociais) ou enviar un correo electrónico ao Concello de Ames ou a Info@aenovomilladoiro.com.