Poderanse enviar as fotografías ata o 15 de novembro.

A Xunta directiva da Asociación de empresarios do Parque Empresarial, decideu ampliar ata o 15 de novembro o prazo de entrega das fotografías no certame que está a levar a cabo, motivado a peticións dalgunhas empresas.
A participación está aberta a calquer persoa aficcionada a este arte e a forma de participar é doada. Só hai que enviar unha fotografía realizada no parque empresarial de O Milladoiro e enviala a certamefotografico@aenovomilladoiro.com cos datos persoais e o título da fotografía.
Será a propia Asociación quen se encargue da impresión con equipos XEROX e a exporá na Casa de Cultura de O Milladoiro, donde se poderá ver dende o 20 de novembro ate o 28 de decembro.
BASES TÉCNICAS FOTOGRAFÍAS PRESENTADAS EN PASADAS EDICIÓNS
O concurso de fotografía é unha actuación promovida pola Asociación, que pretende mediante a imaxe e a súa reflexión, fomentar a participación da ciudadanía na actividade económica de Ames.
O Resume do certame é o seguinte:
Temática: Parque empresarial do Milladoiro: Visión da empresa actual
Exposición: casa de Cultura do Milladoiro.
As imaxes serán expostas xunto co título indicado polo autor, de forma que o público só coñecerá os nomes dos realizadores das fotografías gañadoras no momento da entrega dos premios.
Será a propia Asociación a encargada de imprimir as fotografías para que poidan formar parte da exposición na Casa de Cultura de O Milladoiro.
O prazo de exposición será dende o 20 de novembro ate o 28 de decembro de 2018.
As fotografías presentadas pasarán a formar parte dos arquivos da Asociación.
A entrega de fotografías realizarase vía telemática no correo electrónico: certamefotografico@aenovomilladoiro.com
Gala de entrega de premios: 20 de Decembro 2018.
Premios para adultos (maiores de 18 anos):
1º Premio: 300 € + diploma acreditativo
2º Premio: 200 € + diploma acreditativo
3º Premio: 100 € + diploma acreditativo
Premios xuvenil-infantil (menores de 18 anos):
1º Premio: Vale de 75 € + diploma acreditativo.
2º Premio: Vale de 50 € + diploma acreditativo.
3º Premio: Vale de 40€ + diploma acreditativo
É imprescindible asistir á gala para recoller o premio.