Caldo de Gloria. Homenaxe a Rosalía

O Concello de Ames invita aos locais hostaleiros a adherirse á iniciativa “Caldo de Gloria” con motivo da celebración do Día de Rosalía

 

 Con motivo da celebración do Día de Rosalía 2019, unha efeméride que terá lugar o vindeiro 24 de febreiro, o Concello de Ames, xunto cos municipios de Brión, Padrón e Santiago, e coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro, organiza a actividade “Caldo de Gloria”. Deste xeito, convídase aos establecementos do sector hostaleiro de Ames a que durante os días 22, 23 e 24 de febreiro sirvan cuncas de caldo de tapa, tanto durante as comidas como pola tarde nas ceas. Os locais adheridos recibirán un cartel e manteis de papel para utilizar esas datas. O prazo para apuntarse na devandita campaña estará aberto ata o vindeiro martes, 19 de febreiro

Trátase dunha receita, tipicamente galega, que será ofrecida como tapa á hora da comida e da cea nos locais que se adhiran a esta iniciativa. Como este ano o Día de Rosalía coincide nun domingo, 24 de febreiro, dende a Concellaría de Promoción Económica e Turismo, promotora da campaña, proponse que o caldo sexa servido durante toda a fin de semana, de venres a domingo. Os locais adheridos recibirán un cartel e manteis de papel para utilizar esas datas.

Os restaurantes e bares asociados que se adhiran a esta campaña serán ampliamente publicitados dende a WEB da Asociación


Terceira edición de Caldo de Gloria
Esta é unha iniciativa que puxo en marcha en 2017 a Fundación Rosalía de Castro e á que se uniu o Concello de Padrón. En 2018, ademais de Ames, sumouse o Concello de Brión. Este ano súmase tamén o Concello de Santiago de Compostela, polo que xa participan nesta iniciativa os catro Concellos que promoven a ruta As Pegadas de Rosalía. Para potenciar a participación activa nesta campaña crearase o pertinente hashtag ou cancelo e na páxina web http://rosalia.gal/ poderanse descargar tódolos materiais e textos relacionados co evento.

Para participar nesta campaña, ou ampliar información, tan só hai que comunicalo a través dos correos electrónicos turismo@concellodeames.gal ou atencioncidada@concellodeames.gal. Outra opción é chamar ao número de teléfono 662 099 944. O prazo para apuntarse na devandita campaña estará aberto ata o vindeiro martes 19 de febreiro.