Campaña de Nadal en Ames

Este ano as tres Asociacións de Empresarios e comerciantes de Ames levarán a cabo accións conxuntas co obxetivo de promover as compras no propio concello dado que queda moito comercio por descubrir. A atracción máis relevante será a ecopista de patinaxe.

Este Nadal tanto as Asociacións como o Concello de Ames queremos que sexa especial. De ahí, a programación dunha campaña específica.

O resumo da mesma é o seguinte:

Confirmada a presenza de Papá Noel en diferentes puntos de Bertamiráns e Milladoiro os días 22,23 e 24 de decembro.

Animación para nenos: carpa con Inchables e xogos para alegrar aos máis pequenos da casa, que terán á súa dispocicion 2 monitores. A actividade é gratuíta.

                 o Milladoiro ……………. 22,23 e 24 (Capela da Magdalena)

                 o Bertamiráns ………….. 2,3 e 4 (Praza de Chavián)

Música pola Rúa: Teremos en Ames a Agrupación “Tiralle do Aire” alegrando as nosas rúas e prazas.

                 o Bertamiráns …………….. 23 e 30 de decembro e 4 de xaneiro

                 o Milladoiro ………………. 22, 29 de decembro e 5 de xaneiro

Cabalgata de Reis: Haberá cabalgata de Reis e recepción nas oficinas municipales.

Mercado de Nadal: Dispoñemos de 2 fins de semana con Mercado de Nadal destinado aos artesáns e outras profesións.

                  o Bertamiráns (Praza do Concello) ………………… 29,30 e 31 de decembro

                  o Milladoiro (Praza de Correos con Bulevar) ……… 22,23 e 24 de decembro

Ecopista de patinaxe: conformada por Xeo Sintético  estará operativa dende o 23 ata o 29 de decembro no Parque de Ameneiral en Bertamiráns, e no aparcamento central de O Milladoiro dende o 30 de decembro de 2017 ate o 6 de xaneiro de 2018.  

O custo de media hora será de 5 €. Coa entrada, bonificaranse 2 € de desconto en comercios adheridos á Asociación ou adheridos á Campaña. Tamén haberá Bono de 3 usos por 12 € con bonificación de 3€ en comercio. Estos Bonos poderanse adquirir en Zona PC Bertamiráns, en Arola e oficinas de SSG Inmobiliaria no Milladoiro. 

A entrada dará dereito a un desconto de 2 € nos comercios asociados que no caso desta Asociación son os seguintes:

Socios de AEPEM


Máis información en: Campaña de nadal en Ames