Comercio electrónico Seguro

Impartido por Felíx Caramés

 

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o vindeiro luns, 25 de novembro, ás 20:00 horas, unha xornada sobre comercio electrónico seguro. A actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración do Concello de Ames

Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá interesada no proceso de compra a través de Internet.