Curso de fotografía xuvenil para participantes xuveniles do III Certame de fotografía comercial de o Parque Empresarial de O Milladoiro e para fillos de traballadores en empresas asociadas.
Tal e como avanzaramos na gala do III Certame de fotografía comercial de o Parque Empresarial de O Milladoiro, na última semana de xuño de 2017, a Asociación de Empresarios organiza un curso de fotografía para menores de 18 anos, destinado a fillos de traballadores en empresas asociadas, e, a participantes do concurso na categoría infantil-xuvenil.
Dado que é unha medida de conciliación familiar, o curso será impartido en horario de mañá na última semana de xuño. Consta de 15 plazas que serán ocupadas por rigurosa orde de chegada das solicitudes.
Os xóvenes que desexen asistir, deben comunícalo á dirección de correo: info@aenovomilladoiro.com, antes do xoves, 22 de xuño.
Características do curso:
- Lugar: Forga. Rúa das Palmeiras, 21-A, Parque Empresarial de O Milladoiro.
- Datas: Luns 26 ao venres 30 de xuño de 2017, ambos inclusive.
- Horario: 10:00 a 14:00 horas.
- Docente: Alberto Uzal. Estudio Fílmate.