
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o vindeiro día 3 de abril o Encontro Innova Peme: Innova para competir, no que se darán a coñecer experiencias de éxito dos plan de innovación implantados polas empresas beneficiarias no marco deste programa.
PROGRAMA INNOVA PEME |
Programa pioneiro impulsado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), destinado a desenvolver ou incrementar as capacidades innovadoras de empresas que xa teñen ou comezan a ter un desempeño innovador pero que necesitan apoio para sistematizar, potenciar ou desenvolver dita actividade coa que lanzar novos produtos e servizos ou mellorar os seus procesos, a través da implementación de Plans de Innovación. A intensidade da axuda para as entidades beneficiarias é do 50%. O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de abril de 2019. |