
GUÍAS PARA A TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO (ERTE) MOTIVADOS POLO COVID-19
A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19.
Nos dous documentos que se achegan, as persoas interesadas poden consultar o procedemento e os pasos que se deben realizar para a correcta tramitación destes expedientes:
Plan de dixitalización
ERTE por forza maior motivado polo COVID-19: tramitación
ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivado polo COVID-19: tramitación
Cheque Autónomo para os gastos diarios e os custos de envío de produtos
O presidente da Xunta destacou tamén a posta en marcha do Cheque Autónomo Seguimos Adiante que, enmarcado no Plan de reactivación económica de Galicia e consensuado co sector, terá como obxectivo consolidar o emprego neste colectivo e apoialo para facer fronte aos gastos do día a día.
Cun orzamento de 16 millóns de euros, esta medida prevé chegar a un total de 35.000 autónomos, financiando o 100% -ata un límite de 1.800 euros- do custo de determinados gastos correntes que tiveron durante a covid e tamén durante os próximos meses.
O autónomo beneficiario deberá estar en activo e adquirir o compromiso de manter a actividade e o emprego durante 3 meses.
Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600