
Con motivo da emerxencia sanitaria declarada como consecuencia da evolución epidemiolóxica do Coronavirus COVID-19, a Asociación de empresarios deste parque empresarial, adoptou medidas adicionais preventivas no lugar de traballo. A atención ao público queda sometida a cita previa. Todas as comunicacións se farán vía telemática ou telefonicamente.
Cabe lembrar que, en virtude do acordo que a Xunta de Galicia publicou o domingo 15 de marzo , suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. Esta suspensión de termos e interrupción de prazos afecta aos procedementos administrativos que tiña en marcha como prazos de solicitude de axudas, prazos de notificación e resolución, prazos de enmenda, etc.
Tamén quedan suspendidos os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, se é o caso, das prórrogas que se adoptaren.
Estas medidas de carácter extraordinario entraron en vigor o mesmo domingo 15 de marzo e terán a duración imprescindible para dar resposta á situación que motivou a súa adopción e poderán ser revogadas por necesidades do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.
Medidas extraordinarias frente ao impacto económico e social do COVID-19.