Exposición das fotografías do V Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

Dende o 20 de novembro, pode verse as fotografías presentadas a concurso no 2º andar da Casa de Cultura de O Milladoiro

Chegou o momento de ver as obras presentadas a concurso nesta quinta edición do certame de fotografía comercial. Dende as asociacións que organizan este concurso coa colaboración do Concello de Ames estamos seguros que se cumpliron os obxetivos marcados de buscar as distintas ópticas coas que poden verse o lugar de traballo. O difícil reto que implica buscar a estética dos distintos procesos productivos está cumplido despois analizar os distintos enfoques a captar o parque empresarial. O resultado é un conxunto de imaxes que conforman ano tras ano, a memoria colectiva: mostran a realidade do centro de traballo de máis de 1.200 traballadoires.

Dende as asociacións e o Concello de Ames queremos dar a noraboa a todos os participantes que demostran amar a arte da fotografía, tanto polas composicións feitas como polas técnicas empregadas. Deste nutrido grupo de persoas dedúcese que a fotografía non ten edade para manexar o obturador, pero si sendibilidade. Manexando a luz de forma especila souberon reflexar as potencialidades que ten a arquitectura neste lugar e os procesos productivos que se desenvolven en Talleres C. Ansu-Car, V Auto, Limpiezas Xermania, Nattex, nas distintas productoras audiovisuais, . 

 

 

O mellor nonologuista galego

O xoves, 20 de decembro de 2018, ás 20:30 h, coñeceremos os gañadores na gala de entrega de premios. Está gala terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura desta localidade e estará amenizada por Cándido Pazó que fará un texto especial para conmemorar o evento. 

Unha vez rematada a gala, os participantes xunto cos seus acompañantes poderán disfrutar dun pequeno ágape no Restaurante Central do Polígono, (rúa do Buxo, 2), donde terá lugar o intercambio de impresións sobre a gala e donde poderán seguir falando de fotografía.