Todas as fotografías presentadas poderían ser as gañadoras. Noraboa a tod@s @s participantes.

O xoves, 9 de xaneiro celebrouse na Casa de Cultura do Milladoiro a gala de entrega de premios do VI certame de fotografía do parque empresarial do Milladoiro. Conducida por Salomé Beiroa e Pablo Ríos, pudemos pasar un momento distendido, aprendendo máis sobre fotografía, dado que todas as obras presentadas tiveron a conveniente explicación.
Foi na propia gala donde se deu a coñecer os gañadores.
Como resultado da deliberación do xurado composto por: Xoán Soler (fotoperiodista da Voz de Galicia), Alberto Uzal (Estudio Fílmate), Ana Belén Paz (Concelleira de promoción económica do concello de Ames), Natividade González (Concelleira de Cultura do concello de Ames) e Javier Santos Blanco (presidente da Asociación do Parque Empresarial) obtívose a seguinte clasificación:
Premios VI certame de fotografía PE O Milladoiro | ||
categoría absoluta | ||
Título fotografía | Nome autor | |
1º | Coas Mans | Carolina Castro vitoria |
2º | Ruxe | Daniel Lado Cambeiro |
3º | Colores de empresa | Diego Espiña Iradi |
categoría xuvenil | ||
1º | E hoxe qué como? | Alejandra Santos álvarez |
2º | Fusión | Iria López Castro |
Cabe lembrar que a participación neste certame está aberta a toda aquela persoa aficionada a esta arte e o nivel de calidade desta edición foi superior ó das anteriores.
Dende as asociacións de empresarios organizadoras do evento, se espera que na próxima edición sígase fortalecendo a innovación na fotografía conxugada co mundo empresarial. En palabras do Alcalde de Ames: “consolidando o compromiso coa investigación, as tecnoloxías e os recursos ao servizo do coñecemento avanzado. Convertendo este concello nun polo de constante atracción da investigación, desenvolvemento e innovación en todos os seus eidos.
As fotografías poderán verse ate o 15 de xaneiro na Casa de Cultura do Milladoiro e no Facebook da Asociación.