Mañá, xoves, 20 de decembro, terá lugar a gala de entrega de premios do certame de fotografía comercial do Milladoiro.

Despois de que comezara o certame fotográfico abrindo o prazo de presentación de obras o 15 de setembro, o certame que esta asociación organiza xunto coa asociaicón Palmira Bulevard e a ACB e, donde colabora o Concello de ames, conclúe dando a coñecer o resultado da deliberación do xurado na gala que se celebrará na Casa de Cultura de O Milladoiro, este xoves, 20 de decembro de 2018, ás 20:30, donde ademáis de ver pasar cada unha das obras presentadas podemos disfrutar da actuación de Cándido Pazó.
O Xurado estivo composto por: Alberto Uzal (responsable de Estudio Fílmate) por Xoán Soler (fotoperiodista da Voz de galicia), Isabel Glez. Cancela (Concelleira de Promoción económica), David Santnomil (concelleiro de Cultura) e Javier Santos Blanco (Presidente da AEPEM).
Dende esta asociación queremos felicitar a todos e cada un dos fotógrafos que decidiron presentar a concurso a súa obra. Este ano predominaron as técnicas como lightpaint ou zooming, xunto co método máis tradicional de quitar una foto. As fotografías pódense ver no facebook da Asociación e no 2º andar da Casa de Cultura ate o 28 de decembro.
Debemos agradecer ademáis a colaboración por parte das empresas que desinteresadamente abriron as súas instalacións para que se pudera fotografiar os procesos productivos que desenvolven: Talleres C. Ansu-car, V. Auto, Nattex, Escenoset, Xerox, Xagal, Limpiezas Salgado, Transportes e Mudanzas Alfonso López, demostrando unha vez máis que non só son enormes profesionales se non que están comprometidos con todo xeito de dinamismo, incluído o que pode vir por parte da arte.
Todos os implicados neste certame poderán disfrutar do intercambio de percepcións na festa post-gala que se celebrará ás 22:00 h. no -Restaurante Central, rúa do Buxo 2.