O comercio amiense pon en marcha un concurso de fotografía innovador

Como cada ano, Ames engalana as súas rúas con numerosas guirnaldas luminosas para recibir o nadal.
Durante estas festas, miles de lámparas que cumpren cos estrictos requisitos de eficiencia enerxética, decorarán prazas e estructuras que poden dar moito xogo.
Este ano tamén poderemos disfrutar dunha fermosa bola de nadal na praza da madalena, de luces postas nas pérgolas da praza de Manuel Murguía, dun fantástico 2020 na praza da Mahía, unha árbore luminosa na praza do concello.Son estes catro emplazamentos os implicados no concurso de fotografía do concello de Ames. Esta novedosa actividade fomenta a mobilidade da poboación entre os dous grandes núcleos do municipio, pois para particpar as persoas teñen que facer unha foto en cada praza indicada, dúas se atopan en Bertamiráns e as outras dúas no Milladoiro.
As fotos xunto cos datos persoais, deben ser enviadas a amesnarua@gmail.com para poder participar do sorteo dun teléfono móbil de alta gama.
Este concurso forma parte das moitas actividades que disfrutaremos neste nadal en Ames entre as que destaca o belén de Palmira Bulevard, na rúa Viorneira do Milladoiro. A completa programación se conforma ademáis, de talleres de cociña, xabóns, empaquetado, alfombras florais, adornos para a árbore de nadal, confección de bolsas de papel, maxia. Tamén poderemos disfrutar de contos na radio, rutas para coñecer as árbores en Agrón, envontros interculturais, andainas, fotomatón, inchables, torneos deportivos, corais, bailes tradiconais, teatro, avtividades multimedia, étc.
As persoas que desexen máis información sobre a programación, teñen a súa disposición os folletos nadal´19 na oficina da Asociación.