Importante á apertura de novas vías e a construcción dunha dobre rotonda entre O Milladoiro e Santiago

A asociación de empresarios deste parque empresarial apoia as labores da plataforma N-550 que teñen como obxetivo humanizar o núcleo urbano e facer máis fluído o tráfico en O Milladoiro, disminuíndo así, as retencións que se agudizan en horas punta.
As numerosas retencións que se están formando no propio núcleo urbano, tanto en Rosalía de Castro, rúa de Abaixo e rúa Muíño Vello, repercuten nos accesos a Santiago e na saída da autopista.
Dado que as medidas tomadas pola Administración estanse demostrando inactivas, a plataforma tomou a determinación de manifestarse o xoves, 21 de xuño, por un carril da N-550 ao seu paso por dito núcleo urbá. A marcha comenzou puntual ás 20:00 horas, iniciaándose na rúa Castelao para transcurrir por un único carril de Rosalía de Castro cara a Santiago, dando á volta na rotonda e rematando na rúa da Madalena.
A plataforma solicitou a participación de todos os axentes implicados para demostrar a súa repulsa ante esta situación e que sexa correxida canto antes. Esta iniciativa foi un gran acerto, xa que tiveron máxima afluencia.
Lembramos que para a humanización de O milladoiro é necesario a disminución de tráfico do seu eixe central, a rúa Rosalía de Castro. Para eso hai varias solucións, todas reflexadas nas distintas reunións da plataforma:
desvío de tráfico pesado polo tramo Galanas/SC-20, a liberalización da peaxe da AP-9 no tramo Santiago-Padrón, a construcción dunha dobre rotonda no acceso a Santiago.