Dende a AEPEM queremos animar a todos os comercios de Ames a engalanar os escaparates de forma atractiva para a venta e promoción dos seus productos.
Dende a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de O Milladoiro, queremos informarlle acerca do Concurso de Escaparatismo que leva a cabo o Concello de Ames.
Para inscribirse no concurso é necesario ser titular ou cotitular dun establecemento comercial situado no Concello de Ames (nesto entran perruquerías, clínicas veterinarias, asguradoras, comercios en xeral), e, decorar os escaparates con temas de Nadal.
As solicitudes de inscrición poderán entregarse no rexistro municipal ata o vindeiro 11 de decembro. É gratuíta.
Os escaparates deberán permanecer expostos dende o día 15/12/2017 ate o 06/01/2018.
Os premios son os seguintes:
- 1º premio: 1.000 €
- 2º premio: 700 €
- 3º premio: 400 €
- Tamén haberá 2 premios especiais do público, un en O Milladoiro e outro en Bertamiráns, dotados con 200€ cada un.
Ademáis dos premios monetarios, é convinte incidir na promoción que se dará tanto na web do Concello, en Radio de Ames, noticias de periódico, étc.
Poden ver as bases no arquivo adxunto e, a información publicada na web do Concello de ames no seguinte enlace:
http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=15984&idioma=gl&sec=32
Ficha de inscripción: http://www.concellodeames.gal/media/documentos/inscricion_escaparates_nadal.pdf