O Concello de Ames dispón dunha APP para comunicación de incidencias

A CONCELLARÍA DE OBRAS E SERVIZOS PRESENTA UNHA APP DESTINADA A MELLORAR A COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS

Concello Ames. Dpto.Obras e Servizos” é o nome da nova aplicación desenvolvida por Micromedia. Calquera veciño ou veciña pode baixala ao seu dispositivo móbil. A finalidade é a de conseguir que a información sobre incidencias chegue ao departamento dun xeito rápido, directo e eficaz e que a veciñanza teña unha canle cómoda e sinxela para comunicala. A nova App inclúe outras informacións de interese entre as que se atopan os contactos de diferentes servizos municipais e a axenda de actos do concello. Permite ademais, subscribirse ao servizo de notificacións, onde se lle avisará ao momento daquelas cuestións importantes que acontezan no municipio. A aplicación é totalmente gratuíta.

http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=15560&idioma=gl&sec=32