
O obradoiro de emprego ““RENOVA AMES-BRIÓN III” tratase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabiliade das persoas desempregadas dos Concellos de Ames e Brión, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral.
Este proxecto encontrase subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinaciao polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión, no que se está impartindo o certificado de profesionalidade “ENAE 0108 Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas” sector que encontrase en auxe na nosa contorna.
O programa que se está a desenvolver dende o mes de novembro pasado, nas instalacións do Centro de formación do Concello en Aldea Nova, finalizará o 3 de agosto. Durante este periodo ademáis da formación recibida os alumno/as-traballadores/as participarán na execución de 8 actuacions de utilidade pública coma é a instalación de produción eléctrica mediante módulos fotovoltaicos en varios edificios de uso público en ambos Concellos.
Dende o propio obradoiro pusoxe en contacto con esta asociación a coordinadora de formación complemantaria e orientadora Dª Begoña Corral, para infórmarnos que de forma inminente publicaráse unha convocatoria de axudas a través de incentivos a contratación temporal por conta allea, (polo menos de 3 meses a xornada completa) das persoas participantes no obradoiro dual de emprego, por se algunha das nosas empresas asociadas poden estar interesadas en acollerse as mesmas.
Asé mesmo aproveitou para facer unha invitación a aquelas persoas responsables destas empresas a que visiten o centro de formación e poidan obsevar directamente o traballo que estase a realizar polos propios alumnos/as-traballadores/as e docentes co obxectivo de que comproben a utilidade e adecuación do mesmo destacando a labor de inserción que teñen este tipo de proxectos..