Presentación da plataforma e-prox dirixida á dixitalización do comercio de proximidade

O vindeiro martes, 21 de xullo, terá lugar a presentación para todos os membros da asociación de empresarios a presentación da plataforma de venta online EProx. Esta plataforma está destiñada unicamente ao comercio de proximidade.
Con esta tenda, ademáis de poder vender online de forma doada e económica, os comercios disporán dunha ferramenta que lles permitirá facer estudos de mercado, saber por exemplo cantos clientes potenciais teñen nun radio de X Km. para determinado producto, lanzar promocións dirixidas a clientes determinados, ou avisar de ofertas ás persoas que pasen a menos de 300m das súas tendas, ....
Coas novas axudas do IGAPE para dixitalización dos comercios locais, EPROX pode saír de balde aos asociados durante un ano!
Eprox dispón dun completo paquete que inclúe a creación da tenda online, a subida dos contidos, diñeiro para descontos da tenda e publicidade.
As persoas interesadas en conectarse á presentación virtual o martes próximo ás 12:00 h. deben enviar un mail a info@aenovomilladoiro.com, indicando os datos que se requiren no corpo da mensaxe (nome, empresa, e dirección de correo electrónico)
Ver oferta para Empresarios do Milladoiro